jueves, 27 de octubre de 2016

O Barroco

O Barroco foi un movemento cultural e estilo artístico desenvolvido en Europa durante o século XVII e a primeira metade do XVIII. Comezou en Italia, concretamente en Roma, como unha oposición da Igrexa cara á Ilustración, en defensa da proposta contrarreformista. Tamén chegou ata a América a través das colonias españolas. Abarcou todas as artes da época (pintura, arquitectura, escultura, música, teatro, literatura...), xa que ás veces buscábase a creación dunha obra de arte total que combinara todas. Este término (sinónimo de "absurdo" ou "grotesco" na época) foi usado nun principio polos artistas ilustrados (que buscaban a claridade, sobriedade e simplicidade) en sentido despectivo, subraiando o exceso de énfase e ornamentación nas obras de este estilo. As principais características que definen este estilo son:
  • Decorativo suntuoso, con sobrecarga de ornamentación.
  • Arte propagandístico.
  • Dramatismo.
  • Teatralidade, ilusión de movemento, dinamismo.

Algunhas das obras barrocas máis características de cada arte son:
  •  As catro estacións (1725) de Vivaldi, O Mesías (1742) de Händel ou O arte da fuga (1749-1750) de J.S. Bach ; na música.
  • Igrexa de San Carlo alle Quattro Fontane (1638-1641) de Francesco Borromini, O Palacio de Versalles (1632-1700) ou A Fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago (1749-1750) de Fernando Casas e Novoa; na arquitectura.
  • Na escultura, a obra de Gian Lorenzo Bernini (Apolo e Dafne, Éxtase de Santa Teresa...) destaca sobre todas as demais. Esta obra e o resto de esculturas barrocas foron realizadas principalmente no século XVII.
  • A pintura tamén tivo a súa maior representación no século XVII con autores como Velázquez (As Meninas, 1656), Rubens (As tres gracias, 1636-1639), Rembrandt (A rolda de noite, 1642) e Caravaggio (Crucifixión de San Pedro, 1601).
  • A literatura española tivo unha época de esplendor, os séculos XVI e XVII foron considerados como O Século de Ouro. Encontramos autores plenamente barrocos como Luis de Góngora ou Francisco de Quevedo, e tamén outros de unión entre o Renacemento e o Barroco como Miguel de Cervantes. Falando do teatro, destacaron actores como William Shakespeare (Hamlet, Romeo e Xulieta), que cumpliu a mesma función que Cervantes, ou Lope de Vega (O can do hortelán) e Calderón da Barca (A dama duende) en España.
Deseguido analizaremos unha obra barroca, identificando as súas características.

Obra: Fachada da Universidade de Valladolid

Resultado de imagen de fachada universidad valladolid

A Fachada da Universidade de Valladolid foi construida entre o ano 1716 e 1718 baixo a dirección dos Pais do Convento do Carmen Descalzo, seguindo o diseño de Fray Pedro da Visitación. É unha obra barroca do século XVIII (século no que esta corrente artística practicouse en España). É unha obra de natureza artística, relixiosa e educativa. Fíxose para ampliar as capacidades desta universidade, que quedara sen espazo suficiente. Presenta as seguintes características da arte barroca:
  • É unha obra propagandística na que a igrexa demostra poder e riqueza. Tamén exhibe que promove a educación, xa que o edificio tería estes fins.
  • Decorativo suntuoso. A fachada está moi recargada con esculturas e taias.
  • Ilusión de movemento, dinamismo. As esculturas e columnas provocan esta sensación.
Esta obra analizada é unha fonte primaria, xa que foi construida na época e analizada directamente por min.


Bibliografía
Para realizar esta tarefa empreguei diversas fontes. Para elaborar a definición de barroco recurrín aos meus apuntamentos e ás páxinas https://es.wikipedia.org e http://definicion.de. Para buscar exemplos, chegoume coa búsqueda de Google e a web https://es.wikipedia.org. Ademais, usei as seguintes fontes para informarme sobre algúns autores e obras: https://pitbox.wordpress.com/2011/01/12/william-shakespeare-y-su-epoca-renacimiento-y-barroco/comment-page-1/ (Documento sobre Shakespeare e a época na que escribiu), http://www.jmhdezhdez.com/2014/07/frases-bernini-gian-lorenzo-escultor.html (Documento sobre Bernini, as súas obras e citas. Empregueino porque creín que tiña que analizar un texto que falara do barroco, e que non valía usar unha obra como modelo. Polo que tentei atopar algún texto de este artista.) e http://www.cornisa.net/historia_olvidada/borromini-vs-bernini-historia-de-la-rivalidad-que-esculpio-roma (Documento co que me informei sobre Bernini, Borromini e a súa rivalidade).


Autoavaliación

No hay comentarios:

Publicar un comentario