viernes, 10 de marzo de 2017

Vídeo Tarefa integrada UD 3

Deixo aquí o enlace do vídeo.

Tarefa integrada UD 3: Diario de aprendizaxe

Nesta tarefa, ao meu grupo tocoulle o apartado sobre o motín de Aranxuez e a elaboración da Primeira Constitución Española nas Cortes de Cádiz.
Na primeira sesión (na que se explicou o proxecto), non estiven na clase e os meus compañeiros de grupo designaron a Paula como coordinadora. Na segunda, na que non asistiu Laura, estiven buscando documentos históricos e tamén grabamos parte do documento escrito (a miña parte quedou rematada). O seguinte día non tiñamos dispoñible a aula de informática e Eva explicou todos os episodios históricos que recolleríamos na tarefa para que os puidéramos entender (sobre todo algún que non fora visto antes na clase). Os nosos xa foran explicados, polo que resultou sinxelo entender o texto e relacionalo co que estudáramos. Ademais, na última parte da clase rematamos de grabar a voz en off. Na seguinte clase axudei a buscar documentos de fontes primarias, xa que moitos dos que colléramos o primeiro día non o eran. Ademais escribin as datas de cronoloxía destacadas. O último día, mentres os meus compañeiros buscaban algún documento máis, eu adiqueime a definir as palabras de vocabulario e a escribir e completar algún diario de sesións colectivo, ademais de facer tamén este diario individual.
En xeral, creo que todos traballamos bastante ben e equitativamente. Pareceume unha tarea bastante interesante xa que pódenos axudar a recordar estes importantes feitos históricos dunha maneira algo máis amena, sobre todo aqueles que non tratamos na clase. Ademais tamén puidemos aprender a buscar documentos históricos fiables e a separalos de outros que non o son.


lunes, 28 de noviembre de 2016

Sesión 3

Nesta sesión tentamos rematar o noso Timeline. Como non nos deu tempo, repartirémolo traballo na casa e o finalizaremos alí. En xeral, creo que traballamos ben como equipo e non houbo ningunha discusión. Penso que se non fose polos problemas que tivemos coas imaxes e algunhas dúbidas ao principio, teríamos o traballo xa todo rematado na clase.

viernes, 18 de noviembre de 2016

Sesión 2

Nesta segunda sesión traballamos na clase con dous chromebooks. Cambiamos un pouco a repartición, tendo en conta o que nos explicou a profesora nunha sesión de clase normal sobre o proxecto. Fixemos unha conta no Timeline e comezamos a traballar xa ben organizados. Creo que formamos un grupo bo e organizado e aprenderemos moito nesta tarefa.