viernes, 11 de diciembre de 2015

Reportaxe escrita

 Aquí deixo a reportaxe escrita.

Sesión 8

Hoxe ao non estar toda a hora na aula de informática traballando no proxecto e ao só poder traballar en dous ordenadores, dedicamos un a buscar gráficas e tablas de interese e outro á reportaxe escrita. Rematarémola na casa pero, ao quedar pouco non fará falla quedar. Seguramente asignamos unha parte a cada un para que a remate. Como xa é a última sesión podo dicir que foi un dos proxectos máis interesantes que fixemos na ESO e que axuda a coñecer cousas de utilidade e a practicar as habilidades sociais.

Sesión 7

Hoxe xa sabíamos que non poderíamos ir á aula de informática na hora de galego e ao chegar a clase traballamos na reportaxe escrita. Eu e Nerea redactamos mellor a entrevista e fixemos unha introdución, Javi buscou datos sobre o sector das enerxías renovables e Andrea comezou a redactar unha reportaxe sobre a empresa. Imos algo apurados de tempo polo que é posible que teñamos que rematar algo na casa.

jueves, 3 de diciembre de 2015

Sesión 6

Hoxe na hora de Xeografía e Historia comezamos a elaborar a reportaxe escrita sobre a nosa empresa. Eu pasei as preguntas ao ordenador mentres os demais compoñentes realizaban un pequeno texto explicativo sobre AltEnergy S.L. Como non dispoñemos de moitas fotografías para a nosa reportaxe audiovisual imos chamar á empresa para ver se dispoñen de algunha aproveitable. En xeral, traballamos bastante ben e organizados. O único que nos trastocou un pouco foi que en galego non puidemos ir á aula de informática.

miércoles, 2 de diciembre de 2015

Deseño da visita e posibles entrevistas

O xoves, 25 de novembro realizamos a entrevista á empresa AltEnergy S.L. Ao chegar atendéronnos ao momento e sentáronnos nunha sala onde lles fixemos as preguntas que levábamos preparadas da casa. Velaquí as cuestións realizadas:

1) Que actividades realiza a empresa?
2) En que ano foi fundada?
3) En que situación económica se atopa actualmente?
4) Con cantos traballadores conta?
5) Con que tipo de enerxías renovables traballan?
6) Que tipo de clientes tedes? Cales son os seus criterios de compra?
7) Traballades tamén con particulares?
8) Hai competencia no sector onde vos desenvolvedes?
9) Que convenios colectivos regulan as condicións dos traballadores do sector?
10) En que ámbito se move a empresa (rexional, nacional, internacional...)
11) Tedes algún premio ou certificado de sustentabilidade?
12) Cales son os principais produtos que vendedes?
13) Podedes explicarnos máis polo miúdo como funciona o servizo de consultoría?
14) Cales son os factores produtivos necesarios para ofrecer os vosos servizos e produtos?
15) Tedes algunha relación coa empresa Altenergy Inc.?
16) Cal foi o voso último proxecto?
17) Existe algún motivo polo que a empresa está situada na Avda. de Madrid?
18) Tedes algunha publicidade do negocio á parte da páxina web?