- Decorativo suntuoso, con sobrecarga de ornamentación.
- Arte propagandístico.
- Dramatismo.
- Teatralidade, ilusión de movemento, dinamismo.
Algunhas das obras barrocas máis características de cada arte son:
- As catro estacións (1725) de Vivaldi, O Mesías (1742) de Händel ou O arte da fuga (1749-1750) de J.S. Bach ; na música.
- Igrexa de San Carlo alle Quattro Fontane (1638-1641) de Francesco Borromini, O Palacio de Versalles (1632-1700) ou A Fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago (1749-1750) de Fernando Casas e Novoa; na arquitectura.
- Na escultura, a obra de Gian Lorenzo Bernini (Apolo e Dafne, Éxtase de Santa Teresa...) destaca sobre todas as demais. Esta obra e o resto de esculturas barrocas foron realizadas principalmente no século XVII.
- A pintura tamén tivo a súa maior representación no século XVII con autores como Velázquez (As Meninas, 1656), Rubens (As tres gracias, 1636-1639), Rembrandt (A rolda de noite, 1642) e Caravaggio (Crucifixión de San Pedro, 1601).
- A literatura española tivo unha época de esplendor, os séculos XVI e XVII foron considerados como O Século de Ouro. Encontramos autores plenamente barrocos como Luis de Góngora ou Francisco de Quevedo, e tamén outros de unión entre o Renacemento e o Barroco como Miguel de Cervantes. Falando do teatro, destacaron actores como William Shakespeare (Hamlet, Romeo e Xulieta), que cumpliu a mesma función que Cervantes, ou Lope de Vega (O can do hortelán) e Calderón da Barca (A dama duende) en España.
Deseguido analizaremos unha obra barroca, identificando as súas características.
Obra: Fachada da Universidade de Valladolid
A Fachada da Universidade de Valladolid foi construida entre o ano 1716 e 1718 baixo a dirección dos Pais do Convento do Carmen Descalzo, seguindo o diseño de Fray Pedro da Visitación. É unha obra barroca do século XVIII (século no que esta corrente artística practicouse en España). É unha obra de natureza artística, relixiosa e educativa. Fíxose para ampliar as capacidades desta universidade, que quedara sen espazo suficiente. Presenta as seguintes características da arte barroca:

- É unha obra propagandística na que a igrexa demostra poder e riqueza. Tamén exhibe que promove a educación, xa que o edificio tería estes fins.
- Decorativo suntuoso. A fachada está moi recargada con esculturas e taias.
- Ilusión de movemento, dinamismo. As esculturas e columnas provocan esta sensación.
Esta obra analizada é unha fonte primaria, xa que foi construida na época e analizada directamente por min.
Bibliografía
Autoavaliación