viernes, 11 de diciembre de 2015

Reportaxe escrita

 Aquí deixo a reportaxe escrita.

Sesión 8

Hoxe ao non estar toda a hora na aula de informática traballando no proxecto e ao só poder traballar en dous ordenadores, dedicamos un a buscar gráficas e tablas de interese e outro á reportaxe escrita. Rematarémola na casa pero, ao quedar pouco non fará falla quedar. Seguramente asignamos unha parte a cada un para que a remate. Como xa é a última sesión podo dicir que foi un dos proxectos máis interesantes que fixemos na ESO e que axuda a coñecer cousas de utilidade e a practicar as habilidades sociais.

Sesión 7

Hoxe xa sabíamos que non poderíamos ir á aula de informática na hora de galego e ao chegar a clase traballamos na reportaxe escrita. Eu e Nerea redactamos mellor a entrevista e fixemos unha introdución, Javi buscou datos sobre o sector das enerxías renovables e Andrea comezou a redactar unha reportaxe sobre a empresa. Imos algo apurados de tempo polo que é posible que teñamos que rematar algo na casa.

jueves, 3 de diciembre de 2015

Sesión 6

Hoxe na hora de Xeografía e Historia comezamos a elaborar a reportaxe escrita sobre a nosa empresa. Eu pasei as preguntas ao ordenador mentres os demais compoñentes realizaban un pequeno texto explicativo sobre AltEnergy S.L. Como non dispoñemos de moitas fotografías para a nosa reportaxe audiovisual imos chamar á empresa para ver se dispoñen de algunha aproveitable. En xeral, traballamos bastante ben e organizados. O único que nos trastocou un pouco foi que en galego non puidemos ir á aula de informática.

miércoles, 2 de diciembre de 2015

Deseño da visita e posibles entrevistas

O xoves, 25 de novembro realizamos a entrevista á empresa AltEnergy S.L. Ao chegar atendéronnos ao momento e sentáronnos nunha sala onde lles fixemos as preguntas que levábamos preparadas da casa. Velaquí as cuestións realizadas:

1) Que actividades realiza a empresa?
2) En que ano foi fundada?
3) En que situación económica se atopa actualmente?
4) Con cantos traballadores conta?
5) Con que tipo de enerxías renovables traballan?
6) Que tipo de clientes tedes? Cales son os seus criterios de compra?
7) Traballades tamén con particulares?
8) Hai competencia no sector onde vos desenvolvedes?
9) Que convenios colectivos regulan as condicións dos traballadores do sector?
10) En que ámbito se move a empresa (rexional, nacional, internacional...)
11) Tedes algún premio ou certificado de sustentabilidade?
12) Cales son os principais produtos que vendedes?
13) Podedes explicarnos máis polo miúdo como funciona o servizo de consultoría?
14) Cales son os factores produtivos necesarios para ofrecer os vosos servizos e produtos?
15) Tedes algunha relación coa empresa Altenergy Inc.?
16) Cal foi o voso último proxecto?
17) Existe algún motivo polo que a empresa está situada na Avda. de Madrid?
18) Tedes algunha publicidade do negocio á parte da páxina web?



miércoles, 18 de noviembre de 2015

Sesión 5

Hoxe seguimos investigando sobre a nosa empresa, Altenergy S.L. Despois Andrea escribiu o que diremos na chamada telefónica e mentres, nos ordenadores, investigamos sobre a outra empresa Reciclajes Avi S.L.U. (por se a primeira empresa non aceptaba a nosa proposta). Na clase de galego contactamos con Altenergy S.L. Aceptaron a proposta polo que comezamos a redactar as preguntas da entrevista que será realizada o xoves 19 de novembro ás 17:00.
As única dificultade que tivemos foi a falta de velocidade dos ordenadores da aula de abaixo, aínda así, non nos frenou moito porque redactamos as cuestións a man.
Nesta clase, tiven a oportunidade de perder un pouco a vergoña, xa que realicei a chamada á empresa.

jueves, 12 de noviembre de 2015

Investigando a empresa

1) Nome e tipo de empresa (ámbito nacional ou multinacional, tamaño, nº de traballador@s, propiedade, procedencia do capital e outros criterios).
AltEnergy é unha empresa S.L o que significa que é unha sociedade limitada, o tipo de empresas máis extendido en España nestes momentos sendo moi utilizada por pequenos empresarios autónomos. Agora mesmo non podemos saber con exactitude o número de traballadores nin a procedencia de capital, así que o preguntaremos na empresa. Podemos deducir que se trata dunha empresa pequena.

2) Sector económico e subsector ao que pertence a empresa.  
Pertence ao sector terciario xa que propón servizos ás persoas ou ás outras empresas sobre instalaciones eficientes, enerxías renovables e eficiencia enerxética, loxística interna e construción de naves e consultoría. O subsector ao que se dedica e a enxeñaría. 

       3) Situación actual e desenvolvemento deste sector no mundo e en España. 
En España houbo unha clara evolución da importancia económica e laboral deste sector, así, pasouse dun 30% da poboación activa no sector a mediados do século XX a case un 70% que alcanza na actualidade. É o máis importante dos tres sectores na actualidade. No mundo nas últimas décadas, este sector diversificouse e creceu de forma espectacular. Nos países máis desenvolvidos o sector terciario conforma en torno ao 70% do produto interior bruto. En países de desenvolvemento medio como por exemplo Brasil ou Tailandia ronda o 50% o 40% e nos países menos desenvolvidos alcanza porcentaxes no PIB moi inferiores. 

4) Tipos de actividades económicas que desenvolve a empresa e onde as desenvolve. 
Esta empresa ten 3 actividades económicas principais: A primeira englobaría todo o relacionado coas enerxías renovables e eficiencia enerxética, a segunda loxística interna e a tercera consultoría e asesoramento de xestión enerxética. Estas tarefas as realiza no local da empresa (Av de Madrid, 62, Vigo, Pontevedra) ou nos lugares onde realice instalacións.

5) Localización e factores de localización.
Sitúase na Avda. de Madrid porque é un dos lugares máis transitados de Vigo. Ademais está ao lado dunha gasolineira, o que favorece que as persoas que paren vexan a tenda de decidan optar por un cambio e pasarse ás enerxías renovables.

6) Factores produtivos que precisa para o proceso de produción: recursos naturais, traballo e capital.
Precisa de alguén que lles surta de paneles solares, instalacións eficientes... Tamén de traballadores que estén na tenda para vender e outros que se especialicen na instalación ou consultoría. En canto ao capital necesitan ferramentas para facer as instalacións, cartos para comprar os produtos que necesiten.... Completaremos esta información cando a visitemos.

7) Mercado ao que dirixe os seus produtos (rexional, nacional, internacional, bolsa).
Dirixe os seus produtos cara o mercado rexional ou nacional, xa que é unha empresa pequena que só ten unha tenda e esta sitúase en Vigo.

8) Métodos da empresa para reducir custes de produción (deslocalización), aumentar a produtividade ou incrementar as ventas (publicidade).
Para incrementar as ventas a empresa se da a coñecer cunha páxina na rede e envía correos electrónicos. Tamén inflúe que estea nun lugar tan transitado. Non realiza deslocalización nin externalización de custes.

9) Estabilidade laboral dos traballadores: tipos de contratos, subcontratación…
A empregada coa que falamos non puido concretarnos esta información.
   
10) Convenio colectivo que regula as condicións dos traballador@s do sector.
A empresa está co estatuto de traballadores e non está adherida a ningún convenio especial. 

11) Relacións da empresa con Organizacións empresariais. 
A empregada coa que falamos non puido concretarnos esta información. 

12) Outros aspectos de interese como a situación actual da empresa.
A situación actual da empresa non é moi boa, emperou coa caída da construción e agora teñen menos traballadores e os encargados das obras son subcontratados (antes contaban con eles en plantilla). Ademais teñen moita competencia no tema das enerxías renovables, que comezan a gañar importancia.


miércoles, 11 de noviembre de 2015

Modelo de solicitude



Vigo, 4 de Novembro de 2015
                                                                                         
Estimados señores e señoras de AltEnergy S.L.:
Somos un grupo de alumnos de 3ºESO do centro Salesianos María Auxilidora de Vigo que estamos a facer un proxecto sobre empresas sustentables en Vigo e arredores. Para realizalo tivemos que escoller algunhas que nos pareceron interesantes para afondar sobre o traballo que levan a cabo.
Vostedes estiveron no grupo das escollidas porque utilizan enerxías eficientes e renovables e ademais fomentan o seu uso e fan instalacións deste tipo de enerxías.
Por iso, queremos propoñerlles unha visita á súa empresa para realizarlles unhas preguntas e investigar máis a fondo sobre vostedes para completar o noso proxecto.

                                                             Atentamente, (nomes dos integrantes)

   Se aceptan, por favor contacten con nós neste e-mail (e-mail) ou no teléfono 
(teléfono)


Vigo, 4 de Novembro de 2015
                                                                                            
Estimados señores e señoras de Reciclaxes S.L.U.:
Somos un grupo de alumnos de 3ºESO do centro Salesianos María Auxilidora de Vigo que estamos a facer un proxecto sobre empresas sustentables en Vigo e arredores. Para realizalo tivemos que escoller algunhas que nos pareceron interesantes para afondar sobre o traballo que levan a cabo.
Vostedes estiveron no grupo das escollidas porque se dedican ao reciclaxe e traballan con química verde.
Por iso, queremos propoñerlles unha visita á súa empresa para realizarlles unhas preguntas e investigar máis a fondo sobre vostedes para completar o noso proxecto.


                                                             Atentamente, (nomes dos integrantes)

          Se aceptan, por favor contacten con nós neste e-mail (e-mail) ou no teléfono (teléfono)
                                  

                                  

Sesión 4

Esta semana, na hora de xeografía e historia, repartímonos o traballo entre todos os membros do grupo ao chegar á clase e traballamos cada un no seu. Eu completei os puntos dos que dispoñía información usando a páxina da empresa e o libro. Pero algunhas das cuestións non as puiden resolver porque non dispoñía da información requerida. Teremos que completalos cando realicemos a entrevista. Na hora de galego, só nos funcionaba un ordenador e tivemos tempo para pouco máis que rematar os diarios de sesións. Podemos destacar que decidimos contactar por teléfono coa empresa, xa que aínda non nos responderon. Ademais aprendín características sobre as empresas.

miércoles, 4 de noviembre de 2015

Sesión 3

Hoxe, na hora de Xeografía e Historia fixemos a actividade proposta para hoxe e, como nos sobrou tempo, repasamos as anteriores entradas e corriximos os erros que tiñan. Despois, na hora de galego, enviamos a solicitude despois de que Olga corrixira os erros.
Nesta hora non se nos presentou ningunha dificultade e aprendimos a redactar un correo electrónico serio para mandalo a unha empresa real, cousa importante para o futuro.

viernes, 30 de octubre de 2015

Ideas para o proxecto

  • Que tipo de reportaxe sobre a empresa queremos facer?
  • Entrevista. Porque así recadamos toda a información necesaria e temos o punto a favor de que podemos seleccionar nós as preguntas dacordo co que máis nos interese. Mais tamén engadiremos algunha explicación da empresa e datos de importancia para que sexa máis precisa e completa. 
  • Que pasos temos que seguir para elaborar a reportaxe?
  • Primeiro informarnos das preguntas que sería recomendable facer coa axuda do libro de texto cos temas didácticos correspondentes e Internet, deseguido pensar e redactar nun borrador posibles cuestións e máis adiante seleccionar as mellores de cada integrante do grupo propoñendo algunha máis en conxunto. O segundo paso sería poñernos en contacto coa empresa elixida e concretar unha data de visita. Unha vez alí poriamos en marcha a nosa entrevista. Xa por último, reuniríamonos no grupo e redactaríamos ben as cuestións presentadas engadindo explicacións e datos da empresa importantes para o noso traballo.
  • Que contidos/temas podemos abordar a través da reportaxe?
  • Podemos preguntarlle se realmente saben de onde veñen os seus produtos, que nos ensinen os seus produtos ecolóxicos, se usan enerxías renovables…  Tamén lle podemos pedir opinión sobre o sistema capitalista actual; se non lle dá rabia que as demais empresas menos comprometidas co medio ambiente, coa reciclaxe ou que fan deslocalización reciban máis beneficios.
  • Outros aspectos a ter en conta.
  • Temos que tentar sacar moita información pero sendo educados. Debemos agradecerlle a súa colaboración tanto con nós por aceptarnos a entrevista, como co resto do mundo pola súa innovación e sustentabilidade.

jueves, 29 de octubre de 2015

Sesión 2

Hoxe xuntamos a información que tiñamos e escollemos catro empresas para afondar no tema. Na hora de xeografía e historia non aproveitamos moi ben o tempo pero, na hora de galego de despois, o solventamos. Só quedou para casa subir as entradas cada un no seu blog.
As principal dificultade foi a falta de información e a organización. Creo que aínda podemos mellorar como grupo, pero non imos mal.

Empresas seleccionadas



Empresas en Vigo

Subo o archivo no "Scribd" porque non me quedaba ben a táboa na ferramenta do "blogger".

sábado, 24 de octubre de 2015

Sesión 1

Hoxe creei os "gadgets" obrigatorios do blog, cambieille o nome ao mesmo e comecei coa búsqueda de información para o "Proxecto Vigo sustentable". Como compartín ordenador apenas tiven tempo de buscar e so atopei dúas ou tres empresas.
A miña primeira impresión sobre o proxecto é que se atopamos algo bo co que traballar podemos aprender moito e pode ser unha actividade moi interesante.

Actividade de positivo 1 (Antispot "Coca-Cola")