viernes, 19 de febrero de 2016

Exposición do proxecto



Neste proxecto aprendín moitas cousas diferentes e máis interesantes que no resto de traballos habituais. Descubrín novos datos sobre as enerxías renovables e a sustentabilidade e moitas outras cousas que me serviron para recordar o que estudamos na primeira avaliación, a diferenza de outras asignaturas nas que olvido moitas cousas. Ademais agora coñezo máis profundamente as actividades e as xestións que realizan as empresas, que son os motores da nosa economía. Tamén creo que gañei en habilidade para facer buscas verídicas na rede e que perdín vergoña sendo quen de ir ata unha empresa que antes non oíra nunca.
Pasando a falar da visita a empresa, podo dicir que foi ben e que non tivemos ningún problema en localizar á chica que xa nos atendera por teléfono. Chegamos á hora que acordáramos e ela xa estaba fóra falando cun cliente. Ao rematar preguntou se eramos os da entrevista e cando llo confirmamos, pasounos a unha sala para que comezaramos co noso traballo.
Na primeira parte do proxecto, onde tiñamos que colgar todos todas as entradas no noso blog persoal, fixen o que me correspondeu e subín toda a información requerida ao meu blog. Na parte máis grupal (a reportaxe escrita e a videoreportaxe), traballei na clase e ademais na casa rematei ambos proxectos.
O  traballo en equipo non foi moi ben. Houbo algunhas discusións no grupo sobre como e quen facía as cousas, pero aínda así realizamos ben o proxecto e, máis ou menos, traballamos todos o mesmo aínda que eu montei toda a videoreportaxe.
O que máis nos custou do proxecto foi elaborar ambas reportaxes. Tamén resultou bastante difícil atopar unha empresa orixinal e tivemos que facer moitas búsquedas. Contactar con AltEnergy foi máis fácil do esperado e a búsqueda de información foi bastante sinxela tamén.
Se tivera que repetir o proxecto volvería a facer case o mesmo. O único ao que lle daría máis importancia sería á organización do proxecto, xa que nalgunhas fases estábamos un pouco perdidos e non tiñamos traballo para todos.
En xeral creo que foi un proxecto satisfactorio e interesante. Cumplimos a mayoría de obxectivos e aprendimos moitas cousas novas.