lunes, 28 de noviembre de 2016

Sesión 3

Nesta sesión tentamos rematar o noso Timeline. Como non nos deu tempo, repartirémolo traballo na casa e o finalizaremos alí. En xeral, creo que traballamos ben como equipo e non houbo ningunha discusión. Penso que se non fose polos problemas que tivemos coas imaxes e algunhas dúbidas ao principio, teríamos o traballo xa todo rematado na clase.

viernes, 18 de noviembre de 2016

Sesión 2

Nesta segunda sesión traballamos na clase con dous chromebooks. Cambiamos un pouco a repartición, tendo en conta o que nos explicou a profesora nunha sesión de clase normal sobre o proxecto. Fixemos unha conta no Timeline e comezamos a traballar xa ben organizados. Creo que formamos un grupo bo e organizado e aprenderemos moito nesta tarefa.

Caderno de equipo

Normas:

- Respectar as opinións de todos os membros do equipo.
- Repartir o traballo que non dé tempo na clase equitativamente.
- Se alguén remata a súa parte axudará ao compañeiro que vaia máis atrasado na súa tarefa.
- Todos os membros deben cumplir cos seus cargos.



 Cargos e funcións:


Cargo

Funcións e tarefas

Data de incorporación

Nome e número


Coordinador/a

-Controla  a repartición de tarefas  e a súa execución

-Representa ó grupo


10/11/2016

Diego G.F Nº18

Secretaria/o

- É o responsable de gardar e organizar o material.  


10/11/2016

Paula R.P Nº27


Axudante

-Colabora cos outros compañeir@s.

-Establece os tempos de fala xunto co mediador/a e se un compañeir@ falta, cubre o seu posto.



10/11/2016

Nerea G.B Nº15


Mediador

-Favorece o desenvolvemento do proxecto, recolle por escrito (ou no blog) todas as ideas do grupo.

- Evita que haxa problemas de grupo, e axuda a solucionalos 



10/11/2016

Álvaro A.G Nº1

Plan de traballo

 Explicación dos principais feitos: Álvaro e Diego (que compartirán ordenador)
- Protagonistas: Diego e Álvaro (que compartirán ordenador)
- Causas: Paula  
- Consecuencias: Paula  
- Vocabulario destacado: Todos os membros irán recollendo o vocabulario destacado que atopen oportuno.
- Obra artística sobre a temática: Nerea   


Se algún compañeiro remata a tarefa programada para a sesión, axudaralle ao compañeiro que vaia máis atrasado. Os últimos cinco minutos adicaranse ao diario e sesións.

jueves, 10 de noviembre de 2016

Sesión 1

Hoxe elaboramos entre todos os membros do grupo o plan de traballo e a repartición de cargos. Quedounos pendente a elaboración das normas, para o que acordamos que cada un traerá unha elaborada de casa para o próximo día (no que as xuntaremos todas e veremos se queda algunha importante por mencionar). Aproveitamos ben o tempo e creo que formamos un bo grupo e elaboraremos unha tarea satisfactoria.

jueves, 27 de octubre de 2016

O Barroco

O Barroco foi un movemento cultural e estilo artístico desenvolvido en Europa durante o século XVII e a primeira metade do XVIII. Comezou en Italia, concretamente en Roma, como unha oposición da Igrexa cara á Ilustración, en defensa da proposta contrarreformista. Tamén chegou ata a América a través das colonias españolas. Abarcou todas as artes da época (pintura, arquitectura, escultura, música, teatro, literatura...), xa que ás veces buscábase a creación dunha obra de arte total que combinara todas. Este término (sinónimo de "absurdo" ou "grotesco" na época) foi usado nun principio polos artistas ilustrados (que buscaban a claridade, sobriedade e simplicidade) en sentido despectivo, subraiando o exceso de énfase e ornamentación nas obras de este estilo. As principais características que definen este estilo son:
  • Decorativo suntuoso, con sobrecarga de ornamentación.
  • Arte propagandístico.
  • Dramatismo.
  • Teatralidade, ilusión de movemento, dinamismo.

Algunhas das obras barrocas máis características de cada arte son:
  •  As catro estacións (1725) de Vivaldi, O Mesías (1742) de Händel ou O arte da fuga (1749-1750) de J.S. Bach ; na música.
  • Igrexa de San Carlo alle Quattro Fontane (1638-1641) de Francesco Borromini, O Palacio de Versalles (1632-1700) ou A Fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago (1749-1750) de Fernando Casas e Novoa; na arquitectura.
  • Na escultura, a obra de Gian Lorenzo Bernini (Apolo e Dafne, Éxtase de Santa Teresa...) destaca sobre todas as demais. Esta obra e o resto de esculturas barrocas foron realizadas principalmente no século XVII.
  • A pintura tamén tivo a súa maior representación no século XVII con autores como Velázquez (As Meninas, 1656), Rubens (As tres gracias, 1636-1639), Rembrandt (A rolda de noite, 1642) e Caravaggio (Crucifixión de San Pedro, 1601).
  • A literatura española tivo unha época de esplendor, os séculos XVI e XVII foron considerados como O Século de Ouro. Encontramos autores plenamente barrocos como Luis de Góngora ou Francisco de Quevedo, e tamén outros de unión entre o Renacemento e o Barroco como Miguel de Cervantes. Falando do teatro, destacaron actores como William Shakespeare (Hamlet, Romeo e Xulieta), que cumpliu a mesma función que Cervantes, ou Lope de Vega (O can do hortelán) e Calderón da Barca (A dama duende) en España.
Deseguido analizaremos unha obra barroca, identificando as súas características.

Obra: Fachada da Universidade de Valladolid

Resultado de imagen de fachada universidad valladolid

A Fachada da Universidade de Valladolid foi construida entre o ano 1716 e 1718 baixo a dirección dos Pais do Convento do Carmen Descalzo, seguindo o diseño de Fray Pedro da Visitación. É unha obra barroca do século XVIII (século no que esta corrente artística practicouse en España). É unha obra de natureza artística, relixiosa e educativa. Fíxose para ampliar as capacidades desta universidade, que quedara sen espazo suficiente. Presenta as seguintes características da arte barroca:
  • É unha obra propagandística na que a igrexa demostra poder e riqueza. Tamén exhibe que promove a educación, xa que o edificio tería estes fins.
  • Decorativo suntuoso. A fachada está moi recargada con esculturas e taias.
  • Ilusión de movemento, dinamismo. As esculturas e columnas provocan esta sensación.
Esta obra analizada é unha fonte primaria, xa que foi construida na época e analizada directamente por min.


Bibliografía
Para realizar esta tarefa empreguei diversas fontes. Para elaborar a definición de barroco recurrín aos meus apuntamentos e ás páxinas https://es.wikipedia.org e http://definicion.de. Para buscar exemplos, chegoume coa búsqueda de Google e a web https://es.wikipedia.org. Ademais, usei as seguintes fontes para informarme sobre algúns autores e obras: https://pitbox.wordpress.com/2011/01/12/william-shakespeare-y-su-epoca-renacimiento-y-barroco/comment-page-1/ (Documento sobre Shakespeare e a época na que escribiu), http://www.jmhdezhdez.com/2014/07/frases-bernini-gian-lorenzo-escultor.html (Documento sobre Bernini, as súas obras e citas. Empregueino porque creín que tiña que analizar un texto que falara do barroco, e que non valía usar unha obra como modelo. Polo que tentei atopar algún texto de este artista.) e http://www.cornisa.net/historia_olvidada/borromini-vs-bernini-historia-de-la-rivalidad-que-esculpio-roma (Documento co que me informei sobre Bernini, Borromini e a súa rivalidade).


Autoavaliación

martes, 21 de junio de 2016

Xogo

Non incluímos os documentos xeográficos porque senón o xogo sería demasiado fácil.

lunes, 20 de junio de 2016

Instrucións do noso xogo

O noso xogo dixital no programa zondle é bastante intuitivo e sinxelo pero, aínda así, elaboramos estas instruccións;

- OBXECTIVO: Percorre o río coa lancha no menor tempo posible.

- METODOLOXÍA: Pulsa a tecla espazo para acelerar e dirixe á túa embarcación co rato do ordenador. Tenta manterte por dentro do recorrido, xa que ao saírte, é probable que choques e perdas tempo.
Cada vez que chegas a un punto de control, terás que responder unha pregunta sobre Asia, se a fallas serás penalizado con cinco segundos ao rematar o xogo.

- GAÑADOR: Será o que complete todo (sumando as penalizacións) no menor tempo posible.

sábado, 18 de junio de 2016

Sesió 5: 15/06

Hoxe dimos os últimos retoques ao xogo e fixemos as instruccións. André e Nerea non corrixiron as preguntas correspondentes (que eran menos que as de Alejandro e mais eu), xa que eles tamén estaban encargados de revisar se había algunha pregunta repetida.

Sesión 4: 1/06

Hoxe comezamos a corrixir as preguntas dos compañeiros de "b". Para iso, corriximos cada un 5 e quedamos en rematalas na casa. Cómpre engadir que a gran maioría destas non tinñan documentos e perdimos moito tempo buscándoos.

Sesión 3: 23/05

Hoxe, estaba programado empezar a corrixir as preguntas dos compañeiros de zona continental da outra clase. Non puidemos facelo porque estes non tiñan a entrada subida. Aproveitamos para empezar a meter as preguntas no xogo online e André fixo as súas preguntas.

Sesión 2: 18/05

Na sesión de hoxe comezamos a crear cada un cinco preguntas sobre a nosa zona continental (Asia meridional e occidental). Quedamos en facelas en word para despois pasalas ao programa Zondle. As preguntas que non tivemos tempo de facer rematámolas na casa menos André que non as fixo.

miércoles, 15 de junio de 2016

As nosas preguntas corrixidas


As nosas correccións das preguntas dos compañeiros de "b"


Subimos as correccións das preguntas dos nosos compañeiros da outra clase. As cinco primeiras están sen facer porque André e Nerea non fixeron as que lle correspondían.



6. Di a partir das gráficas cal dos dous países ten a tasa de poboación activa máis alta entre Indonesia e Malasia:
(Imáxenes no documento orixinal, porque non as conseguimos por)

7. Cal destas pirámides de poboación corresponde a Indonesia?
a)                                          b)                                  c)
               
              

8. Tendo en conta que se un país ten máis importacións que exportacións ten a balanza comercial negativa e se ten máis exportacións é positiva, cal é a balanza comercial destes?

a) Tailandia: Exportacións: 240 miles de millóns
                  Importacións: 210 miles de millóns
Resposta: Positiva

b) Filipinas: Exportacións: 80 miles de millóns
                 Importacións:  80,7 miles de millóns
Resposta: Negativa

9. Coa axuda do mapa, cal de estos países ten máis poboación adicada ao sector terciario? Éste é o que ofrece servizos e bens ás persoas.
  1. China
  2. Filipinas
  3. India

10. Cal dos seguintes países ten o PIB per cápita máis elevado? 
a) China 
b) Indonesia
c) Xapón 

11.Con cantos países fai frontera china? 
a) Ningún 
b) 15 
c) 20 
d) 12

12. Tendo en conta a seguinte gráfica di se China é un país desenvolvido ou subdesenvolvido e por qué. 
Resposta. China é un país desenvolvido xa que ten unha taxa de natalidade baixa e unha taxa de mortalidade tamén baixa, ademais de unha alta esperanza de vida. 

13. Observa a seguinte gráfica do PIB de China e di se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións. 
a) O seu PIB duplicouse entre o 2010 e o 2015 (aprox.). Verdadeiro 
b) Supera a países coma Xapón, España e Alemania. Verdadeiro 
c) O maior crecemento foi nos anos 2003 e 2004. Falso, foi do 2012 ao 2013.

14.Cal é o sistema de goberno de China? 
a) Monarquía parlamentaria
b) Ditadura
c) República socialista

15. Di cal de estas dous fotografías pertenece á densidade de poboación real de china actual: 
Resposta: a primeira fotografía. 

16. Tendo en conta que Corea do Sur é un país desenvolvido e con un IDH moi elevado, cal cres que é o sector con máis poboación activa traballando nel? 
a) Primario 
b) Secundario 
c) Terciario


17. Cal cres que é o país co IDH máis alto dos seguintes? 
a) Xapón 
b) Corea do Sur 
c) India 

18. Cal é o mar situado ao Oeste de Corea do Sur? 
a) Mar do Xapón 
b) Mar Amarelo 
c) Mar de Bering 

19. Que cores ten a bandeira de Corea do Sur? 
a) Verde, azul, negro e vermello 
b) Azul, vermello, branco e negro 
c) Vermello, branco, verde e amarillo 

20. Cal crees que é o país máis poboado dos seguintes? 
a) Pakistán 
b) Corea do Sur 
c) Indonesia

miércoles, 11 de mayo de 2016

Plan de equipo (Sesión 1)

Hoxe, na sesión de informática vimos os proxectos da nosa zona da outra clase para irnos facendo algunha idea das preguntas que podemos facer. Cando rematamos, decidimos que o proxecto o iamos facer en formato dixital nunha web chamada Zondle e tamén organizamos os cargos. Quedaron así:
- Coordinador: Álvaro
- Axudante: Nerea
- Motivador: André
- Mediador: Alejandro
Aproveitamos bastante o tempo aínda que perdemos un pouco na búsqueda do programa co que elaborar o xogo. Non discutimos nada e estivemos dacordo en casi todo.








viernes, 19 de febrero de 2016

Exposición do proxecto



Neste proxecto aprendín moitas cousas diferentes e máis interesantes que no resto de traballos habituais. Descubrín novos datos sobre as enerxías renovables e a sustentabilidade e moitas outras cousas que me serviron para recordar o que estudamos na primeira avaliación, a diferenza de outras asignaturas nas que olvido moitas cousas. Ademais agora coñezo máis profundamente as actividades e as xestións que realizan as empresas, que son os motores da nosa economía. Tamén creo que gañei en habilidade para facer buscas verídicas na rede e que perdín vergoña sendo quen de ir ata unha empresa que antes non oíra nunca.
Pasando a falar da visita a empresa, podo dicir que foi ben e que non tivemos ningún problema en localizar á chica que xa nos atendera por teléfono. Chegamos á hora que acordáramos e ela xa estaba fóra falando cun cliente. Ao rematar preguntou se eramos os da entrevista e cando llo confirmamos, pasounos a unha sala para que comezaramos co noso traballo.
Na primeira parte do proxecto, onde tiñamos que colgar todos todas as entradas no noso blog persoal, fixen o que me correspondeu e subín toda a información requerida ao meu blog. Na parte máis grupal (a reportaxe escrita e a videoreportaxe), traballei na clase e ademais na casa rematei ambos proxectos.
O  traballo en equipo non foi moi ben. Houbo algunhas discusións no grupo sobre como e quen facía as cousas, pero aínda así realizamos ben o proxecto e, máis ou menos, traballamos todos o mesmo aínda que eu montei toda a videoreportaxe.
O que máis nos custou do proxecto foi elaborar ambas reportaxes. Tamén resultou bastante difícil atopar unha empresa orixinal e tivemos que facer moitas búsquedas. Contactar con AltEnergy foi máis fácil do esperado e a búsqueda de información foi bastante sinxela tamén.
Se tivera que repetir o proxecto volvería a facer case o mesmo. O único ao que lle daría máis importancia sería á organización do proxecto, xa que nalgunhas fases estábamos un pouco perdidos e non tiñamos traballo para todos.
En xeral creo que foi un proxecto satisfactorio e interesante. Cumplimos a mayoría de obxectivos e aprendimos moitas cousas novas.