lunes, 28 de noviembre de 2016

Sesión 3

Nesta sesión tentamos rematar o noso Timeline. Como non nos deu tempo, repartirémolo traballo na casa e o finalizaremos alí. En xeral, creo que traballamos ben como equipo e non houbo ningunha discusión. Penso que se non fose polos problemas que tivemos coas imaxes e algunhas dúbidas ao principio, teríamos o traballo xa todo rematado na clase.

viernes, 18 de noviembre de 2016

Sesión 2

Nesta segunda sesión traballamos na clase con dous chromebooks. Cambiamos un pouco a repartición, tendo en conta o que nos explicou a profesora nunha sesión de clase normal sobre o proxecto. Fixemos unha conta no Timeline e comezamos a traballar xa ben organizados. Creo que formamos un grupo bo e organizado e aprenderemos moito nesta tarefa.

Caderno de equipo

Normas:

- Respectar as opinións de todos os membros do equipo.
- Repartir o traballo que non dé tempo na clase equitativamente.
- Se alguén remata a súa parte axudará ao compañeiro que vaia máis atrasado na súa tarefa.
- Todos os membros deben cumplir cos seus cargos.



 Cargos e funcións:


Cargo

Funcións e tarefas

Data de incorporación

Nome e número


Coordinador/a

-Controla  a repartición de tarefas  e a súa execución

-Representa ó grupo


10/11/2016

Diego G.F Nº18

Secretaria/o

- É o responsable de gardar e organizar o material.  


10/11/2016

Paula R.P Nº27


Axudante

-Colabora cos outros compañeir@s.

-Establece os tempos de fala xunto co mediador/a e se un compañeir@ falta, cubre o seu posto.



10/11/2016

Nerea G.B Nº15


Mediador

-Favorece o desenvolvemento do proxecto, recolle por escrito (ou no blog) todas as ideas do grupo.

- Evita que haxa problemas de grupo, e axuda a solucionalos 



10/11/2016

Álvaro A.G Nº1

Plan de traballo

 Explicación dos principais feitos: Álvaro e Diego (que compartirán ordenador)
- Protagonistas: Diego e Álvaro (que compartirán ordenador)
- Causas: Paula  
- Consecuencias: Paula  
- Vocabulario destacado: Todos os membros irán recollendo o vocabulario destacado que atopen oportuno.
- Obra artística sobre a temática: Nerea   


Se algún compañeiro remata a tarefa programada para a sesión, axudaralle ao compañeiro que vaia máis atrasado. Os últimos cinco minutos adicaranse ao diario e sesións.

jueves, 10 de noviembre de 2016

Sesión 1

Hoxe elaboramos entre todos os membros do grupo o plan de traballo e a repartición de cargos. Quedounos pendente a elaboración das normas, para o que acordamos que cada un traerá unha elaborada de casa para o próximo día (no que as xuntaremos todas e veremos se queda algunha importante por mencionar). Aproveitamos ben o tempo e creo que formamos un bo grupo e elaboraremos unha tarea satisfactoria.