jueves, 12 de noviembre de 2015

Investigando a empresa

1) Nome e tipo de empresa (ámbito nacional ou multinacional, tamaño, nº de traballador@s, propiedade, procedencia do capital e outros criterios).
AltEnergy é unha empresa S.L o que significa que é unha sociedade limitada, o tipo de empresas máis extendido en España nestes momentos sendo moi utilizada por pequenos empresarios autónomos. Agora mesmo non podemos saber con exactitude o número de traballadores nin a procedencia de capital, así que o preguntaremos na empresa. Podemos deducir que se trata dunha empresa pequena.

2) Sector económico e subsector ao que pertence a empresa.  
Pertence ao sector terciario xa que propón servizos ás persoas ou ás outras empresas sobre instalaciones eficientes, enerxías renovables e eficiencia enerxética, loxística interna e construción de naves e consultoría. O subsector ao que se dedica e a enxeñaría. 

       3) Situación actual e desenvolvemento deste sector no mundo e en España. 
En España houbo unha clara evolución da importancia económica e laboral deste sector, así, pasouse dun 30% da poboación activa no sector a mediados do século XX a case un 70% que alcanza na actualidade. É o máis importante dos tres sectores na actualidade. No mundo nas últimas décadas, este sector diversificouse e creceu de forma espectacular. Nos países máis desenvolvidos o sector terciario conforma en torno ao 70% do produto interior bruto. En países de desenvolvemento medio como por exemplo Brasil ou Tailandia ronda o 50% o 40% e nos países menos desenvolvidos alcanza porcentaxes no PIB moi inferiores. 

4) Tipos de actividades económicas que desenvolve a empresa e onde as desenvolve. 
Esta empresa ten 3 actividades económicas principais: A primeira englobaría todo o relacionado coas enerxías renovables e eficiencia enerxética, a segunda loxística interna e a tercera consultoría e asesoramento de xestión enerxética. Estas tarefas as realiza no local da empresa (Av de Madrid, 62, Vigo, Pontevedra) ou nos lugares onde realice instalacións.

5) Localización e factores de localización.
Sitúase na Avda. de Madrid porque é un dos lugares máis transitados de Vigo. Ademais está ao lado dunha gasolineira, o que favorece que as persoas que paren vexan a tenda de decidan optar por un cambio e pasarse ás enerxías renovables.

6) Factores produtivos que precisa para o proceso de produción: recursos naturais, traballo e capital.
Precisa de alguén que lles surta de paneles solares, instalacións eficientes... Tamén de traballadores que estén na tenda para vender e outros que se especialicen na instalación ou consultoría. En canto ao capital necesitan ferramentas para facer as instalacións, cartos para comprar os produtos que necesiten.... Completaremos esta información cando a visitemos.

7) Mercado ao que dirixe os seus produtos (rexional, nacional, internacional, bolsa).
Dirixe os seus produtos cara o mercado rexional ou nacional, xa que é unha empresa pequena que só ten unha tenda e esta sitúase en Vigo.

8) Métodos da empresa para reducir custes de produción (deslocalización), aumentar a produtividade ou incrementar as ventas (publicidade).
Para incrementar as ventas a empresa se da a coñecer cunha páxina na rede e envía correos electrónicos. Tamén inflúe que estea nun lugar tan transitado. Non realiza deslocalización nin externalización de custes.

9) Estabilidade laboral dos traballadores: tipos de contratos, subcontratación…
A empregada coa que falamos non puido concretarnos esta información.
   
10) Convenio colectivo que regula as condicións dos traballador@s do sector.
A empresa está co estatuto de traballadores e non está adherida a ningún convenio especial. 

11) Relacións da empresa con Organizacións empresariais. 
A empregada coa que falamos non puido concretarnos esta información. 

12) Outros aspectos de interese como a situación actual da empresa.
A situación actual da empresa non é moi boa, emperou coa caída da construción e agora teñen menos traballadores e os encargados das obras son subcontratados (antes contaban con eles en plantilla). Ademais teñen moita competencia no tema das enerxías renovables, que comezan a gañar importancia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario